Museo
Museo das Mariñas
Betanzos · A Coruña · 1983

O Museo das Mariñas é un museo histórico e etnográfico de Betanzos e da comarca das Mariñas coruñesas. O museo atópase no antigo mosteiro de Santo Domingo de Betanzos (século XVII-XVIII), e inaugurouse en 1983. Nese mesmo edificio atópanse o Arquivo Municipal de Betanzos e a Biblioteca Municipal A. Castelao de Betanzos. No museo edítase a publicación cultural Anuario Brigantino. == Historia == O edificio foi o convento de Santo Domingo, construído entre o século XVI e XVIII. A súa inauguración como museo fíxose o 2 de xaneiro de 1983. Reinaugurado o 17 de maio de 1993 despois de ser restaurado e mellorado. === O Convento === O testamento do betanceiro Antonio González de Sosa outorgou en 1558 os seus bens á orde relixiosa de San Domingos, ou Santo Agostiño. Esa orde aproveitou ese legado e asentouse da cidade con catro confesores e un predicador, nunha "casa do hórreo" que se atopaba fóra das murallas. Esa casa e a súa capela foron o primeiro convento. En 1558 o vigairo Cristóbal de Mendoza aprobou a creación dun convento e igrexa, que deixaban atrás a antiga capela. Naquel entón eses terreos eran o chamado campo da feira de San Roque, da parroquia de Brabío. A construción do convento prolongouse anos. En 1680 estreouse o seu altar e en 1714 rematouse a torre barroca da igrexa. En 1615 o naquel entón novo convento chegou a priorado, isto é, pasou a ter máis de doce frades. Porén, en 1821 a lei impedía conventos de menos de 20 persoas, e tivo que pechar ata o ano seguinte, cando despois de reclamacións se lle concedeu permiso para continuar como tal. Co trienio liberal o 25 de agosto de 1835 expulsáronse os tres dominicos do convento e pechou. Ese ano perdéronse escritos e libros do arquivo e decretouse a demolición do convento. Con todo, Conde de Taboada impediu desa vez que tirasen o convento. Igualmente, en 1843 o concello quixo derrubar o edificio mais non foi adiante por falta de presuposto. === Creación do museo === Desde a marcha dos dominicos o convento empregouse para varías funcións, como a Garda Civil de Cabalería, que estivo alí ata 1981. Tamén foi sede da ensinanza secundaria cunha cátedra de debuxo ou o lugar onde se inaugurou o Teatro Alfonsetti en 1882, entre outras tantas funcións desde cinematografía a ensinanza. En febreiro de 1983 o alcalde Vicente de la Fuente inaugurou o novo Museo das Mariñas. Porén, o edificio non se atopaba en boas condicións e o museo foi trasladado á avenida de Linares Rivas. Ao finalizar as obras en 1993 o museo foi de volta para o antigo convento. Con esa nova apertura do centro pasou a chamarse "Centro Cultural Santo Domingo" e albergou o Museo das Mariñas, a biblioteca municipal de "Castelao" e o Arquivo Municipal de Betanzos. == Exposicións == O museo está dividido en dous andares. Na planta baixa existe unha mostra de elementos etnográficos e históricos, que continúa no primeiro andar xunto a varias coleccións que ocupan diferentes salas específicas. Na planta baixa amósanse pezas históricas que abarcan cronoloxicamente ata o medievo. Unha parte da planta mostra restos medievais varios, como sepulcros de diferentes personalidades do clero, a nobreza e o pobo de Betanzos. Destacan o posible médico Fernán Peres de Andrade (s. XIV) e a súa esposa Sancha Rodríguez, Nuno Freire de Andrade (s. XV), Andrade "O mozo" (s. XV) ou irmandiños como Afonso de Carvallido. Ao remate desta primeira planta existe unha colección de obxectos etnográficos referidos ao traballo vitivinícola na comarca betanceira, á tradición panadeira da zona ou ás diferentes tarefas que se realizaban no día a día da cidade. Na planta baixa amósanse pezas históricas das comarcas ligadas a Betanzos. Unha parte conta coa exposición de xoias galaicas da segunda idade de ferro. No primeiro andar atópanse máis obxectos etnográficos, relativos sobre todo ao cultivo e produción do liño, así como un importante conxunto de artefactos empregados na pesaxe e medición de mercancías na vila de Betanzos. Xunto a isto destacan as seguintes coleccións:…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Para ir
Horario Mo-Fr 10:30-13:00,16:00-20:00 · Sa 10:30-13:00 · Jul,Aug: Mo-Fr 09:00-14:00 · Sa 10:30-13:00
Chegar en bus
- Betanzos (biblioteca)a 20 mSada (hotel Sada Palace)-Betanzos (praza) · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular) · Teatro Colón-San Pedro de Nós-Betanzos (praza) · Teatro Colón-San Pedro de Nós-Betanzos (praza) · Viós (instituto)-Betanzos (biblioteca) · Viós (instituto)-Betanzos (biblioteca)
- Betanzos (praza)a 137 mSada (hotel Sada Palace)-Betanzos (praza) · Betanzos (praza)-A Coruña E.A.-Betanzos (praza)(circular) · Betanzos (praza)-Betanzos (praza) · Betanzos (praza)-Sada (hotel Sada Palace) · Betanzos praza-A Coruña E.A. (express) · Betanzos praza-A Coruña E.A. (express)
- BELLAVISTAa 318 mBetanzos (centro saúde)-As Poceiras · Betanzos (centro saúde)-As Poceiras · Betanzos (centro saúde)-Pedra Partida · Betanzos (centro saúde)-Pedra Partida · CEIP Francisco Vales Villamarín-Caresma · CEIP Francisco Vales Villamarín-Caresma
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.