Castro
Castro dos Prados
Espasante · Ortigueira · A Coruña · 16 m
Foto: PepedoCouto · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
O Castro dos Prados ou Castro de Punta dos Prados é un poboado pertencente á cultura castrexa, un dos coñecidos como castros costeiros. Sitúase en Espasante (Ortigueira).
Descrición
Ocupa unha das tres penínsulas que delimitan a rada da praia de Santo Antón de Espasante, estando moi próximos o Castro de Coroa de Ladrido e o Castro do Tallo de Ladrido e tamén unha vila romana. O único acceso por terra ao sitio arqueolóxico conta cun sistema defensivo composto de dous foxos intercalados por dúas murallas e un parapeto case desaparecido. Houbo varias intervencións arqueolóxicas, distribuídas en cinco campañas entre os anos 1987 a 1992. O castro tivo dous momentos diferentes de ocupación, cunha posible cronoloxía do segundo momento arredor do século I a.c. momento que parece coincidir co do elemento máis importante atopado neste castro, o Monumento con Forno ou pedra fermosa ou formosa, do tipo de construcións hipoxeas atopadas nos grandes castros da zona portuguesa, e un dos poucos exemplos da zona galega xunto castro de Armeá en Allariz. A súa planta distribúese en Adro, Cámara, Antecámara e Forno, sendo a interpretación actual maioritaria que o seu uso era como balneario de vapor, e no cal a pedra fermosa, profusamente decorada e de aí o seu nome, constituía o sistema de acceso. Durante as escavacións recuperouse numeroso material cerámico (indíxena, terra sigillata, anacos de ánforas...), muíños circulares, fusaiolas, alisadores, fibelas, fíbulas de traveseiro longo e un ás de bronce de época imperial (datado no 26 a.c.). Vinculados a estes apareceron tamén restos óseos de gando vacún, ovicaprino e porcino, así coma cunchas de diferentes especies (ameixa, mexillón, berberecho, ostras...).
Galería de imaxes
Outros artigos
Cultura castrexa
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Castrexa (celta)
Que é Sitio arqueolóxico
Altitude 16 m
Vila máis próxima Cariño, a 5 km
No concello viven 5.424 (2025) · IGE
Chegar en bus
- PEDREGALa 581 mOrtigueira-Cruzamento a Teixeiro
- PEDREGAL-ESPASANTEa 581 mOrtigueira-Celtigos · ORTIGUEIRA-CELTIGOS
- ESTRADA PORTOa 700 mOrtigueira-Celtigos · ORTIGUEIRA-CELTIGOS
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.
