Praia

Praia da Concha

Espasante · Ortigueira · A Coruña

Praia da Concha, praia en Ortigueira

Foto: PepedoCouto · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia da Concha é un dos areais que forman parte da costa da parroquia de Espasante, no concello coruñés de Ortigueira. É unha praia que non abre directamente ó Atlántico, polo que non adoita ser perigosa para os bañistas. Ten uns 1.000 m de lonxitude e 30 m de anchura, limitada polo porto e a costa rochosa. Ten concedida a Bandeira Azul e dispón de servizos, tales como acceso a discapacitados, vixilancia, posto da Cruz Vermella, duchas, pasarelas etc. O seu nome venlle dado pola súa forma, semellante a unha cuncha. A súa situación, a carón da vila de Espasante xunto coa ondaxe moderada fan dela a máis apreciada e concorrida das praias da parroquia durante o verán.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area dourada · Praia urbana

Lonxitude 1 km

Altitude do punto ≈ 3 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Cariño, a 5,4 km

No concello viven 5.424 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar