Praia

Praia de Santo Antón

Espasante · Ortigueira · A Coruña

Praia de Santo Antón, praia en Ortigueira

Foto: PepedoCouto · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia de Santo Antón ou praia de San Antón é un dos areais que forman parte da costa da parroquia de Espasante, no concello coruñes de Ortigueira. É unha praia aberta cuns 450m de lonxitude e 30m de anchura. Ten concedida a bandeira Azul e dispón de servizos, tales como acceso a discapacitados, vixilancia, posto da Cruz Vermella, duchas, miradoiro etc. O seu nome venlle dado pola proximidade da capela de Santo Antón, que se levanta por riba dela. A súa situación, a carón da vila de Espasante faina ben concorrida durante os meses do verán. Coas grandes baixantes da marea é posible pasar a pé cara a praia do Eirón, na veciña parroquia de Céltigos, da que a separa un promontorio rochoso.

Galería de imaxes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area dourada · Praia urbana

Lonxitude 450 m

Altitude do punto ≈ 10 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Cariño, a 5,8 km

No concello viven 5.424 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar