Praia

Praia de Orbeiro

Ortigueira · A Coruña

Praia de Orbeiro

A Praia de Orbeiro, coñecida en Espasante por praia dos Namorados ou praia de Santa Cristina é un pequeno areal que forma parte da costa da parroquia de Espasante, no concello coruñés de Ortigueira. É unha praia que non abre directamente ó Atlántico, polo que non acostuma ser perigosa para os bañistas. Ten uns 40 m de lonxitude e 10 m de anchura, limitada polo porto e a costa rochosa. Non ten ningún tipo de servizos, agás o de limpeza. O acceso é doado, sen problema de aparcadoiro ao estar a carón do porto. O castro dos Prados érguese xusto por riba da praia, desde a que se construíu unha escaleira en madeira, composta por varios tramos que salvan o forte desnivel. Este castro marítimo conta cun monumento con forno que foi escavado durante os anos '80 e '90.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar