Catedral

Catedral de Lugo

Lugo · 1129

Catedral de Lugo

A catedral de Santa María é a catedral da cidade galega de Lugo. Está adicada á Virxe María e atópase situada a rentes da muralla, concretamente diante da porta de Santiago, preto da Praza Maior. Foi comezada no século XII, e ten trazas de estilo románico, con engadidos góticos, barrocos e neoclásicos. Desde o ano 2015 é considerada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO como parte dos Camiños Primitivo e Norte. == Historia == Mandada construír no 755 polo bispo Odoario, ás deficiencias de construción e aos asedios das guerras seica se debeu o que no primeiro terzo do século XII se achase o edificio nunhas condicións tales que obrigaron ao bispo Pedro III co seu cabido e outras persoas notábeis da cidade a concertar en 1129 co mestre Raimundo a construción dun novo templo conforme ao estilo arquitectónico entón imperante, o románico, e que se finalizou en 1273. Con posterioridade, as reformas e ampliacións realizadas fixéronse en estilos gótico, barroco e neoclásico. Unha das súas xoias artísticas é o retablo renacentista que estaba no altar maior, obra de Cornielles de Holanda, e que se partiu a consecuencia do terremoto de Lisboa de 1755. Tras iso decidiuse dividilo en varios fragmentos, os dous maiores dos cales atópanse actualmente en ambos extremos da nave de cruceiro. A catedral posúe o privilexio papal de exposición permanente do Santísimo Sacramento que é sacado en procesión, de aí o cáliz e a hostia que aparecen no escudo da cidade coa lenda "Hic hoc misterivm fidei firmiter profitemvr" (Cremos con fidelidade neste misterio), en referencia ao misterio da consagración do corpo de Cristo e que se trasladou ao propio escudo de Galicia. Este feito fai que se denomine a Lugo a cidade do Sacramento. En 2010 restaurouse gran parte da catedral. A fachada principal foi limpada e impermeabilizada. A cuberta das naves do cruceiro e o presbiterio foi completamente cambiado, así como o musgo dos contrafortes. No interior limpouse integramente o altar maior, deixando á vista as vistosas cores orixinais do teito. As obras remataron a mediados do 2012. == Estrutura == A igrexa ten planta de cruz latina cunha lonxitude de 85 m. Ten tres naves, cruceiro e deambulatorio con cinco capelas absidais. A cabeceira é triabsidal. A nave maior cóbrese con bóveda de canón apuntado e os laterais con bóveda de canón e aresta, de nervios no cruceiro, e bóveda de canón con lunetos no triforio. As fiestras do triforio son de arco agudo ou apuntado ao interior e ao exterior. Á esquerda da entrada á catedral está a Torre Vella, gótica, rematada por un corpo de campás renacentista, terminado por Gaspar de Arce en 1580. No adro da catedral de Lugo sitúase un cruceiro de data descoñecida, sitúase en cabeceira da catedral, á beira das ábsidas, no tramo que vai entre a torre-campanario e a capela da Virxe dos Ollos Grandes. === Estilos === Son románicos os paramentos verticais e bóveda da nave do cruceiro, os mesmo que a maior parte da nave maior, laterais e triforio, cuxas bóvedas foron refeitas no século XVIII. Pertencen ao gótico o primeiro corpo da capela maior e o deambulatorio coas súas capelas absidais encostadas (1320-1360), exceptuada a central, así como as antigas de San Domingos dos Reis (1370) e San Froilán (1480), que actualmente forman a chamada do Pilar, ademais do primeiro corpo da torre das campás (cara a 1570 ou antes) e o nártice ou pórtico norte (1510-1530), non a portada. Ao barroco adxudícase a sancristía (1678), a sala capitular e os seus arredores (1683), o claustro (1714) e a capela central do deambulatorio, chamada dos Ollos Grandes (1726). No neoclásico, enmarcan os estudosos o segundo corpo da capela maior, a actual capela de San Foilán e a fachada, todo iso obra da segunda metade do século XVIII. === Porta Norte === É o máis destacado do estilo románico da catedral, está acubillada por un pórtico de principios do século XVI, cuberto dunha bóveda estrelada, mandado levantar polo bispo Pedro Ribeira.…

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar