Muralla
Muralla de Lugo
Lugo

A muralla de Lugo é unha fortificación que data do Imperio Romano situada na cidade de Lugo, en Galicia, sendo a única muralla destas características que se conserva no mundo. Comezou a súa construción probablemente contra o ano 260, ao medrar a importancia de Lucus Augusti como centro de comunicacións e comercial do norte peninsular. A devandita construción delongouse ata a época de Constantino, rematando sobre o ano 325. Xa no século XX, concretamente en 1921, quedou catalogada como Monumento Nacional, e case oitenta anos máis tarde, o 30 de novembro de 2000, a UNESCO declarouna Patrimonio da Humanidade. O perímetro da muralla, que forma unha elipse imperfecta, é de 2.266 m e a súa altura varía entre os 8 e os 10 ou 12 m sendo unha das fortificacións máis grandes do seu tempo. A área que circunscribe é de 33,4 hectáreas. Sobre a muralla o camiño de ronda varía entre os 4,5 e os 7 m de largo. Na parte exterior da muralla un foxo con forma de V podía encherse de auga en caso de perigo. En orixe tiña 85 torres, das que se conservan 71 (sesenta de planta circular e once de planta cuadrangular), e a súa función era defensiva. O certo é que o paso do tempo fixo desaparecer a metade superior en case toda a súa extensión e, na parte que queda en pé, tamén houbo profundas transformacións. Inicialmente a muralla tiña cinco portas, mais posteriormente abríronse outras cinco. Dende o século XVI xurdiron voces reclamando a reconstrución, e existen textos que falan de "torres con dous ou tres pisos, grosos vidros brancos nas fiestras das torres e mesmo vestixios de madeiros de cuberta e chemineas". Hoxe a torre da Mosqueira é a única mostra daquela descrición. O 6 de outubro de 2007, a Muralla irmandouse coa Gran Muralla Chinesa, nunha cerimonia presidida polo alcalde de Lugo, Xosé Clemente López Orozco, e o embaixador chinés, Qui Xiaoqi. == Historia == Aínda que os romanos fundaron un campamento ao redor do ano 25 a. C., a cidade de Lucus Augusti fundouse cara o ano 15 ou 13 a.C., pero non foi ata os séculos III e IV, entre os anos 260 e 325, que construíron unha barreira defensiva que rodeaba todo o núcleo da cidade. A muralla converteuse nunha das fortificacións máis grandes do seu tempo. Non se coñecen os motivos da súa construción, que puideron ser múltiples: defensiva, cortaventos, elemento de prestixio, sen esquecer a vertente económica, facilitando salarios a moitos traballadores de distintos sectores ao longo dos anos. Cómpre destacar que é a máis completa e mellor preservada mostra de arquitectura militar do Imperio Romano de Occidente. Parece ser que nesta época a muralla non tiña a altura que se coñece hoxe en día senón que estaba coroada por 85 grandes torres con grandes xanelas, e desta coroación hoxe en día só se conserva unha destas torres parcialmente, a coñecida como A Mosqueira, que deixou o arquitecto Alejo Andrade Yáñez na reforma xeral feita cara o 1837. Semella ademais que a muralla tiña ameas entre as torres e estaba rodeada por foxos duns 20 m de largo e 4-5 m de fondo, complicando aínda máis a tarefa nunha suposta invasión da cidade. Co paso dos séculos pouco a pouco as torres fóronse deteriorando, sendo eliminadas na reforma de Andrade. == Descrición == === Dimensións === A muralla rodea todo o recinto histórico da cidade, o que é coñecido como casco vello, ou centro, polos lucenses. Así pois ten un perímetro total de 2.266 m de circunferencias, abarcando un espazo interior de 0,34 km2 (o que supón por exemplo un pouco menos ca Cidade do Vaticano). O grosor medio dos seus muros é 4,20 m, podendo chegar ata os 7 m nalgúns puntos. A súa altura oscila entre os 8 m e os 12 m, conservándose os restos dunha das antigas 85 torres, da que quedan dúas fiestras de medio punto de 1,15 m de largo e 1,43 m de alto unha e 1,53 m a outra. A lonxitude dos muros entre as antigas torres varía entre os 8,80 m e os 16,40 m. === Materiais ===…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Avda. da Coruña (ronda da Muralla)a 163 mLugo E.A.-Lugo E.A. · Friol-Lugo E.A. · Friol-Lugo E.A.
- Avda. da Coruña (ronda da Muralla)a 202 mLugo E.A.-Lugo E.A.
- Ronda da Muralla 70a 288 mMonforte E.A.-Hospital HULA · Hospital Monforte de Lemos-Hospital HULA · A Coruña E.A.-Matogrande-HULA-Lugo E.A. · A Coruña E.A.-Matogrande-HULA-Lugo E.A. · Monforte E.A.-Lugo E.A. · Hospital HULA-Monforte E.A.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.