Xacemento arqueolóxico
Termas romanas de Lugo
Lugo
Foto: Antonio Costa · CC BY-SA 3.0 es · Wikimedia Commons ↗
As termas romanas de Lugo son os restos do antigo balneario romano situado á beira do río Miño, preto da antiga ponte romana. Estas termas romanas foron declaradas Monumento Histórico-Artístico en 1931, e agora forman parte das instalacións do Hotel Balneario de Lugo. A construción destes baños é contemporánea á fundación da cidade, ao redor do ano 15 a.C.. O recinto mellor conservado das instalacións é o apodycterium, o vestiario.
Descrición
A instalación de termas e balneario era esencial dentro da Roma antiga, polo que se abriron ao tempo que se fundaba Lucus Augusti. Recibían auga dun manancial termal con propiedades mineromedicinais, con augas sulfurado-sódicas e carbonatadas que abrollan a 43,8 °C. Estas augas son explotadas aínda hoxe dentro do Hotel Balneario de Lugo. O apodycterium é a área mellor conservada. Este lugar para espirse consiste nunha gran sala con pavimento de opus signinum, material de uso común composto de rebo de tella e ladrillo con cal. Ao fondo da sala hai dúas portas en arcos que dan paso a diversas estancias, incluída unha parede composta de dezaoito furnas que se usaban a modo de armario para gardar a vestimenta e os obxectos persoais. Outra das zonas visitables é a antiga sala de baños, con forma abovedada. Había tres áreas diferenciadas: o frigidarium, para baños fríos; o tepidarium, para baños mornos, e o caldarium, para baños quentes. En épocas posteriores esta sala foi convertida en capela cristiá.
Outros artigos
Termas romanas Balnearios de Galicia
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Época Roma Antiga
Que é Sitio arqueolóxico · Monumento
Forma parte de Camiño Primitivo · Lucus Augusti
Protección Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural
Altitude do punto ≈ 372 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Lugo, a 1,2 km
Ruta que pasa preto Vía Romana XIX, a 153 m
No concello viven 100.071 (2025) · IGE
Chegar en bus
- CEIP A PONTEa 284 mCEIP A Ponte-Lázare · Portomarín (empalme)-O Burgo II · Portomarín (empalme)-O Burgo II · CEIP A Ponte-Lousada · CEIP A Ponte-Monte de Meda · CEIP A Ponte-Monte de Meda
- Rúa Pintor Corredoiraa 371 mLugo E.A.-Taboada-Ourense E.I.
- Rúa Pintor Corredoiraa 430 mLugo E.A.-Ourense E.I. (X)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.