Museo

Museo Interactivo da Historia de Lugo

Lugo

Museo Interactivo da Historia de Lugo, museo en Lugo

Foto: Jglamela · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Museo Interactivo da Historia de Lugo ou MIHL é un museo que se atopa na cidade de Lugo. Trátase dun museo e espazo cultural no que priman as novas tecnoloxías, o que lle supón ser unha infraestrutura pioneira en Europa coas últimas tecnoloxías. Foi inaugurado o 29 de novembro de 2012, coincidindo nas datas de conmemoración do nomeamento da Muralla de Lugo como Patrimonio da Humanidade.

Proxecto

O proxecto do MIHL foi redactado polo estudio Nieto Sobejano Arquitectos. Segundo o mesmo, o museo ocupa unha parcela de máis de 11.000 m², dos que máis de 4.000 están construídos. O museo é subterráneo, sendo a parte superior un xardín, polo que é denominado "museo parque". Está situado no Parque da Milagrosa, na zona norte da cidade, polo que o museo forma parte dunha dotación pública (parques, piscinas, polideportivo, e outros locais públicos) de máis de 375.000 metros cadrados. O orzamento estimado para a construción do edificio foi de 8.759.641 euros, e levou con el unha campaña para dar a coñecer o museo e atraer visitantes, agardando que sexa un dos reclamos turísticos máis importantes da cidade. Conta así mesmo cun aparcadoiro soterrado de máis de 6.000 metros cadrados con capacidade para 120 automóbiles e 11 autobuses

Arquitectura

O deseño do museo está inspirado na Muralla, simulando unha paisaxe vexetal con torreóns. A cuberta superior é xardín con árbores, no que aparece un conxunto de patios circulares afundidos e unha serie de torres cilíndricas. O museo ten lugar para exposicións temporais, unha caixa escénica, biblioteca, cafetaría, tendas etc. Ten calefacción e auga quente sanitaria por xeración de enerxía por biomasa para evitar o emprego de enerxías non renovables. No edificio contratarán as partes exteriores e interiores (a parte do contido). No exterior a estrutura é de aceiro corten e no interior hai uns patios de vidro curvo. Foi escenario pouco antes da súa inauguración como paisaxe de fondo para campaña a nivel internacional de presentación dun novo modelo de coche de Hyundai.

Outros artigos

Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Inaugurado 2012

Quen o coida Concello de Lugo

Tamén chamado MIHL

Altitude do punto ≈ 453 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Lugo, a 1,3 km

Ruta que pasa preto Vía Romana XIX, a 1,4 km

No concello viven 100.071 (2025) · IGE

Para ir

Entrada De balde

Cadeira de rodas Si

Enderezo Avenida Infanta Elena, Lugo

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar