Igrexa

Igrexa de San Martiño de Tiobre

Betanzos · A Coruña

Igrexa de San Martiño de Tiobre

A igrexa de San Martiño de Tiobre é o templo parroquial de Tiobre, no concello de Betanzos. Atópase no lugar de Betanzos o Vello. Pódese afirmar que igrexa de san Martiño de Tiobre é un dos exemplares de igrexa rural románica de finais do século XII e principios do XIII mellor conservada da provincia da Coruña. == Localización == Chégase pola estrada que se dirixe a Ferrol, tomando a un quilómetro da saída de Betanzos un desvío sinalizado. O templo de Tiobre está situado no cumio dun monte no que se asenta un castro. Atópase nun lugar illado, aínda que próximo ás casas que conforman o lugar. == Historia == === Orixe === A orixe da igrexa non está clara. En todo caso estas dúas opinións non contan con ningún soporte documental. Por unha banda, o historiador Martínez Santiso retrotrae a fundación da igrexa ata a época da predicación do Apóstolo Santiago por terras galegas. A base desta teoría radica en que no século XIX apareceu unha moeda coa efixie do emperador romano Constantino I o Grande e ademais, que na igrexa descubriuse unha lápida de cantaría baixo o altar maior coa cara deste emperador romano. Outros autores remontan a data da construción ó século VIII, atribuíndoa ós suevos, debido ó "dragón" que figurou no campanario da igrexa. Desta idea é Antonio Neira de Mosquera "esta iglesia es un documento histórico de la dominación sueva en aquella parte de Galicia...", o autor finaliza con esta análise: === Evolución histórica === O templo cítase en documentos do século IX: Nun do ano 830 no que se enumeran as igrexas pertencentes ó bispado de Iria - Compostela; noutro do ano 868 de Tructino, delegado rexio do rei Afonso III, aparece nunha listaxe das igrexas de Nendos, xa con San Martiño como patrón; e noutro documento referido á igrexa e ó castelo da Espenuca.<refname = ":2"/> Foi ademais mandada consagrar por Xelmírez entre os anos 1108 e 1112, xunto con outras igrexas como a de Nendos, mandato levado a cabo por Juan Rodríguez, arcediago daquela comarca e cóengo de Santiago de Compostela. Aparece citada nunha bula do papa Alexandre III, datada do 20 de marzo de 1178, na que se confirman tódolos privilexios e posesións da Igrexa Compostelá. A finais do século XII, formou parte da doazón que o rei Afonso VIII de León e Galicia realizou á igrexa de Santiago, así pasaban á sé Compostelá tódolos dereitos reais que lle competía, entre outros, no couto de San Martiño de Teyoure (Tiobre). O núcleo principal da vila de Betanzos estaba en Tiobre, ata que no ano 1219 se trasladou á localización actual. Por diante da igrexa pasaba o Camiño Inglés que viña dende Ferrol para unirse ó que procedía dende Irixoa diante do santuario da Nosa Señora dos Remedios, despois de baixar polo lugar de Caraña, o que incrementou de maneira significativa a súa importancia durante o período de maior auxe da peregrinación a Compostela. En 1858, sendo o cura Manuel Rodiño, sufriu unha reforma na que se perdeu o dragón e varios dos seus símbolos históricos característicos. No ano 1972 volveuse a realizar un acondicionamento da igrexa. En 2025 parte dun dos muros da igrexa caeu por mor dun temporal. == Descrición == A planta da igrexa é de estilo románico e data do século XII. Presenta unha planta rectangular onde se atopa unha nave e unha ábsida tamén rectangular. No interior o espazo intermedio entre o presbiterio e a nave está delimitado por un arco triunfal apuntado, sostido por semicolumnas unidas, con capiteis que mesturan follas, volutas e cabezas. No exterior da fachada principal concéntrase toda a ornamentación. A porta rectangular está inscrita nun tímpano con escasa decoración e sobre ela sobresaen as arquivoltas semicirculares con catro columnas nas xambas cos capiteis corintios de decoración vexetal. Sobresae a espadana dobre rematada nun corpo triangular rodeada por pináculos. Os muros do edificio son de canteira de granito e a cuberta a dúas augas cubertas de tella curva. Como en moitas igrexas do rural galego, aparece o cemiterio dentro do recinto do adro, formando un conxunto onde conviven a parroquia dos mortos e a parroquia dos vivos. == Notas ==

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar