Igrexa

Igrexa de San Xoán de Vilanova

Vilanova · Miño · A Coruña

Igrexa de San Xoán de Vilanova, igrexa en Miño

Foto: José Antonio Gil Martínez from Vigo, Spain · CC BY 2.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Xoán de Vilanova é un templo relixioso de estilo románico da parroquia de Vilanova, no concello coruñés de Miño. A construción desta igrexa a mediados do século XI (1040) é un decidido paso adiante na introdución do románico en Galiza.

Historia

Só se coñecen referencias documentais, de tipo económico, moi serodias, por exemplo o escrito polo cardeal Jerónimo del Hoyo en 1607.[Cómpre referencia]

Descrición

Na igrexa pode distinguirse a fasquía do románico lombardo, en contraste co hexemónico borgoñón e compartida coa Basílica de San Martiño de Mondoñedo e a Igrexa de Santo Antuíño de Toques. A súa cabeceira remata en semicírculo, importante novidade xa que é a primeira ábsida do románico galego con esa planta[Cómpre referencia] e, probabelmente, contemporánea das capelas absidais de San Xoán e San Pedro na catedral compostelá. Coma nestas, a cabeceira de Vilanova cóbrese con bóveda de cuarto de esfera, ou de forno, apeada no muro a través dunha sinxela imposta, coma o arco que enlaza coa nave. Esta cóbrese con teitume de madeira a dúas augas. Aos lados do tambor da ábsida ábrense dúas pequenas xanelas con derramamento cara ao exterior e ao interior (moi habitual nas primeiras igrexas románicas galegas, bardante a catedral de Santiago de Compostela). Na parte alta dos muros laterais da nave trazáronse tres vans en cada un, dos que fican abertos os do sur, xa que o norte se reestruturou e, no medio, abriuse unha porta.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Arquitectura románica

Dedicado a Xoán o Bautista

Altitude do punto ≈ 79 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Pontedeume, a 4,1 km

Camiño de Santiago Camiño Inglés, a 1,3 km

No concello viven 7.106 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar