Porto e peirao
Porto deportivo de Ribadeo
Ribadeo · Lugo
Foto: Agremon · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
O porto deportivo de Ribadeo, coñecido historicamente como porto de Porcillán, é un porto deportivo da vila de Ribadeo, na Mariña lucense. Atópase localizado en Porcillán, no interior da ría de Ribadeo, na cara sur da ponte dos Santos da autovía A-8. É un dos dous portos deportivos con Bandeira Azul que existen na provincia de Lugo. Se ben Porcillán foi o tradicional porto de Ribadeo, coa construción do Porto de Mirasol para adicalo a actividades comerciais, o peirao quedou adicado á pesca. Despois, coa creación do porto deportivo e as súas sucesivas ampliacións, a actividade pesqueira tamén foi trasladada a outra zona, o porto pesqueiro, quedando Porcillán só adicado a actividades deportivas e como atraque das lanchas que atravesan a ría con pasaxeiros. Ten 622 amarres e pertence ao ente público Portos de Galicia. Está xestionado polo Real Club Náutico de Ribadeo, fundado en 1974 e que ten a súa sede xunto ao porto. A canle de acceso ós portos de Ribadeo necesita ser dragado periodicamente. en 2019 presupostanse medio millón de euros para facer o dragado, coa retirada duns 43 000 m3 de area cara a Mirasol e uns 4 300 na dársena do porto deportivo.
Outros artigos
Porto de Ribadeo Porto comercial de Ribadeo
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Porto deportivo
Tamén chamado Porto de Porcillán
Altitude do punto ≈ 1 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Ribadeo, a 706 m
Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 154 m
No concello viven 9.996 (2025) · IGE
Chegar en bus
- RIBADEO E.A.a 312 mAvd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Avd. Ferrol - Rexistro da Propiedade-Ribadeo E.A. · Ribadeo E.A.-Foz E.A. · Ribadeo E.A.-Foz E.A. · Lugo E.A.-Meira-Ribadeo E.A. · Lugo E.A.-Meira-Ribadeo E.A.
- Ribadeo (serigrafía)a 693 mRibadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Esteiro · Ribadeo E.A.-Esteiro
- A Torrea 797 mRibadeo E.A.-Rinlo (marquesiña) · Ribadeo E.A.-Rinlo (marquesiña)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.