Praia

Praia de Ponte Sampaio

Ponte Sampaio · Pontevedra

Praia de Ponte Sampaio, praia en Pontevedra

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A praia de Ponte Sampaio ou praia de Fontaíña é unha praia galega localizada no municipio de Pontevedra, na provincia de Pontevedra. Trátase dunha praia marítimo-fluvial semiurbana e conta cunha extensión de 150 metros.

Localización e acceso

A praia está localizada na parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio, concretamente na beira dereita da desembocadura do río Verdugo. Está localizada a 500 metros da ría de Vigo e a aproximadamente 10 km do centro da cidade de Pontevedra. A praia sitúase a 150 metros da ponte de Ponte Sampaio, nunha zona coñecida como A Xunqueira. A praia é facilmente accesible a pé e por estrada. As vías de comunicación máis próximas son a PO-264 e a N-550.

Descrición

Trátase dunha praia case rectilínea, situada nun contorno semiurbano. Está catalogada como unha praia marítimo-fluvial de area branca e grava, localizada nunha zona de augas calmas. A praia ten aseos, duchas, zonas verdes e espazos de xogo infantil, así como un servizo de socorrismo. Existe un proxecto de ampliación da praia no que se prevé un aumento da área dispoñible.

Outros artigos

Ponte Sampaio Praia do Lérez Praia de Praceres Río Verdugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Praia de area branca

O chan Area

Lonxitude 150 m

Tamén chamado Praia de Ponte Sampaio

Altitude do punto ≈ 5 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Calle, a 519 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 235 m

No concello viven 83.339 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo A Xunqueira, Ponte Sampaio

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar