Petróglifo
Pedra das Rodiñas
O Viso · Redondela · Pontevedra · 163 m
Foto: Lansbricae from Santiago de Compostela, España · CC BY-SA 2.0 · Wikimedia Commons ↗
A pedra das Rodiñas é unha estación rupestre de tipo petróglifo correspondente á idade de Bronce, situada no lugar da Nogueira (O Viso, Redondela).
Descrición
Trátase dunha pena ou laxe que sobresae lixeiramente sobre o terreo, e sobre a que están talladas combinacións de espirais, círculos concéntricos e liñas radiais, situadas nun dos lados de maior pendente. A súa morfoloxía, que lembra a unhas rodas pequenas, levou á denominación formal do petróglifo.
Controversia
Cara a 2008 foi planificado, no terreo onde se atopa a estación, a construción dun inmoble co uso ulterior de casa da cultura. O propio movemento do terreo das obras levou ao soterramento parcial accidental do petróglifo, catalogado pola Xunta de Galicia como Ben de Interese Cultural. A Dirección Xeral de Patrimonio paralizou as obras, mais unha parte do monumento quedou deteriorado e cuberto por terra e silveiras, nunha clara agresión ao patrimonio cultural.
Outros artigos
Historia de Redondela Mámoa do Rei
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Monumento
Protección Ben de Interese Cultural
Altitude 163 m
Vila máis próxima Redondela, a 3,7 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,2 km
No concello viven 28.928 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Nogueira (4ª Parada)a 107 mRedondela (A Farola)-Avda. Ernestina Otero 24
- Nogueira (4ª Parada)a 118 mRedondela (A Farola)-Avda. Ernestina Otero 24
- Nogueira (5ª Parada)a 391 mRedondela (A Farola)-Avda. Ernestina Otero 24
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.