Castelo
Fortaleza de Castrizán
Soutomaior · Pontevedra

O castelo de Castrizán foi un castelo galego situado no concello pontevedrés de Redondela, na parroquia do Viso. Ficaba situado no cumio do monte da Peneda.
Localización
O antigo castelo localizábase no alto do monte da Peneda, un pequeno pico montañoso de 329 metros e que fica sobreelevado fronte a chaira que o arrodea. Esta característica xeográfica fai que este monte poida dominar toda a bisbarra, tendo unha excelente visión da Ría de Vigo, as illas Cíes, a enseada de San Simón, e os territorios circundantes ao castelo de Soutomaior. O monte da Peneda pertence na súa cara sur á parroquia do Viso, pertencente a Redondela, mentres que a cara sur pertence ao concello de Soutomaior.
Historia
A construción do castelo foi levada a cabo entre os meses de agosto e setembro de 1477. A fortaleza foi mandada construír polo arcebispo compostelán Alonso II de Fonseca, cos obxectivos de exercer o control da bisbarra e especialmente como medida de control e presión a Pedro Álvarez de Soutomaior, Conde de Camiña e propietario do Castelo de Soutomaior, sito a escasos quilómetros. Pedro Álvarez de Soutomaior, tamén coñecido coma Pedro Madruga, era afín á nobreza portuguesa e á súa infanta Xoana de Castela, mentres que o arcebispo Alonso de Fonseca era afín á Coroa de Castela. Varios meses despois, entre 1478 e 1479, a fortificación foi derruída polo propio Conde de Camiña, Pedro Madruga, após a súa estadía dunha prisión castelá. A batalla, que tivo lugar durante a noite, enfrontou ao Conde de Camiña e aos seus 400 soldados contra Don Álvaro de Varcea, un aliado do arcebispo compostelán. Como resultado do asedio, o castelo foi derruído. Tralo derrubamento do castelo, a pedra e os demais cascallos foron empregados para construcións particulares na parroquia do Viso, e probablemente a capela da Virxe das Neves, que a día de hoxe mantense en pé no cumio do monte da Peneda, foi construída coa pedra reempregada do castelo.
Descrición
Probabelmente construído coa pedra do propio monte no que se emprazaba, o castelo estaba arrodeado por unha muralla que protexía o interior da fortificación. No seu interior, foron identificados varios elementos do castelo, coma varias ameas, unha barbacá, e unha torre da homenaxe, a cal non estaba integrada na propia muralla, senón que se atopaba no interior do recinto. Isto debeuse a que non existía ningunha área da contorna da muralla que estivese totalmente protexida e libre de ataques, polo que a torre de homenaxe precisaba ter control sobre todo o perímetro da fortificación. Na actualidade o castelo atópase en estado ruinoso, e unicamente se poden ver algúns restos do que foi a construción orixinal, como restos da base da torre de homenaxe.
Galería de imaxes
Outros artigos
Capela da Virxe das Neves Pedro Madruga Historia de Redondela
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Alxána 465 mAvda. Ernestina Otero 24-Castelo de Soutomaior
- O VISOa 466 mCEIP Manuel Padín Truiteiro-O Viso · CEIP Manuel Padín Truiteiro-O Viso
- Alxána 479 mRedondela (A Farola)-Castelo De Soutomaior
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.