Illa
Illa da Insuíña
Ponte Sampaio · Pontevedra
Foto: ArtaiGZ · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A illa da Insuíña, tamén coñecida coma illa de Medal, é unha illa galega situada na marxe dereita da desembocadura do río Verdugo, na ría de Vigo. Está unida á parroquia pontevedresa de Ponte Sampaio por unha pequena ponte, e ten 3.810 m². A illa pertenceu ao pintor Antonio Medal, e no seu momento serviu de lugar de encontro para persoeiros como Asorey, Laxeiro, Castelao, Valle-Inclán, Manuel Quiroga ou Ramón Cabanillas. No ano 2007 a illa foi adquirida polo Ministerio de Medio Ambiente por 184.104 €, sendo restaurada e acondicionada. Ten diversos elementos arquitectónicos. Está rodeada por un muro de pedra con ameas, e conta cun pombal, un hórreo, e unha pérgola, todo feito con granito do país.
Galería de imaxes
Outros artigos
Illote do Castelo
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Extensión 3.810 m²
Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima A Calle, a 522 m
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 213 m
No concello viven 83.339 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Pontesaa 169 mPontevedra-Redondela-Vigo · Santiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo
- Pontesaa 220 mPontevedra-Redondela-Vigo · Santiago-Padrón-Pontevedra-Redondela-Vigo
- Pontesampaio (centro saúde)a 345 mAvda. de Compostela (A Xunqueira)-Castelo de Soutomaior-Pazos de Borbén
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.