Castro

Castro da Peneda

Soutomaior · Pontevedra

Castro da Peneda, castro en Soutomaior

Foto: Tommyhilfiger · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗

O Castro da Peneda é un sitio arqueolóxico como resultado do asentamento da cultura castrexa en Galicia. Está situado na parroquia redondelá do Viso. O estado de conservación é ruinoso. Apenas se atopan restos da súa muralla e de tres vivendas circulares. Posteriormente na localización do castro construíronse outros edificios como o castelo de Castrizán, do que hoxe só se conservan restos da muralla; ou a capela da Virxe das Neves, que se conserva relativamente ben.

Descrición

A muralla arrodea o castro percorre paralela á estrada que sube ao monte da Peneda. Da muralla apenas se conservan algúns tramos e está formada por pedras de orixe granítica. Consta de dúas fileiras de pedras de gran tamaño e separadas por uns centímetros entre si. Entre ambas filas está recheo de pedras menores e terra. Ademais da muralla, consérvanse tres vivendas circulares de 3,30, 3,60 e 4,60 metros de diámetro. Tamén, por último, consérvanse restos do que puido ter sido unha mina.

Obxectos

No Museo de Pontevedra exhíbense diversos obxectos atopados en escavacións do castro. Entre elas destacan un caldeiro de bronce e varios utensilios de cociña (coitelos, alfinetes, fibelas), machadas, muíños e varios obxectos de cerámica.

Outros artigos

Castros de Galicia Cultura castrexa

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Poboado

Tamén chamado Castro do Viso

Altitude do punto ≈ 303 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Devesa, a 1,8 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,3 km

No concello viven 7.568 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar