Casa de indianos

Torre dos Moreno

Ribadeo · Lugo · 1915

Torre dos Moreno, casa de indianos en Ribadeo

Foto: Antonio Gregorio from gl.wikipedia · CC BY-SA 2.1 es · Wikimedia Commons ↗

A torre dos Moreno é unha casa de indianos situada en Ribadeo, na praza de España e na rúa de Ibáñez. Mandárona construír Pedro e Juan Moreno Ulloa en 1915 e deseñárona o arquitecto Julián García Núñez e o enxeñeiro Ángel Ardex. Cun certo aquel ecléctico, pódese considerar de estilo modernista, cimentado sobre unha estrutura mixta de formigón e ferro. Con anterioridade a 1915, ocupaba o lugar a chamada "Torre Julia" ou "Torre da Fortaleza", resto da antiga fortaleza de Ribadeo. Dende 1997 o edificio ten a consideración de Ben de Interese Cultural e ademais está incluída no Ben de Interese Cultural do conxunto histórico da vila de Ribadeo.

Descrición

Ten diversos adornos, como alicatados, mármores, vidreiras, grecas, tellado con tellas de porcelana (cerámica vidrada) de cor vermella que reflicte a luz solar ou pilastras. A cúpula da torre principal está mantida por catro cariátides. A planta ten 950 m², e o soar, 1.050 m² (medidas tomadas usando SIXPAC). Consta de baixo, tres plantas e baixocuberta, a parte do saínte da torre principal. Leváronse a cabo varias restauracións parciais, que polo momento case só aseguraron o non avance da deterioración do edificio. O tellado que mantén a cúpula ábrese como os típicos de contos de fadas ó estilo centroeuropeo, do mesmo xeito que o resto de tellado visible, que coinciden co vixente a principios do século XX en Cuba, lugar de emigración dos seus primeiros propietarios. Ten tres escaleiras e seis patios, asegurando a comunicación e claridade no edificio. En cada planta hai dúas vivendas, nas que están incluídas habitacións principais, secundarias e de servizo, con alturas de catro metros. As galerías están realizadas en fundición, coroadas por tres arcos e con vidros policromados. A estrutura básica é de formigón armado, novo material na zona na época da construción, polo que o seu tratamento non foi adecuado e a estrutura sufriu moito.

Actualidade

O 23 de decembro de 2010 publicouse unha resolución da Xunta de Galicia para salvar o monumento da ruína. O 13 de xaneiro de 2011 comezaron os traballos de apuntalamento, tras arranxos anteriores no interior. O repartimento da propiedade lévase complicando na historia por división por herdanza, o que asemade complica o seu mantemento e futuro. Despois dun proceso de compra por parte da empresa Paisajes de Asturias, propiedade de Víctor Madera, en 2015 a estrutura de propiedade corresponde aproximadamente: un 60 %, Paisajes de Asturias; 21 % Concello de Ribadeo (adquirido en 1996) e 19 %, herdeiros na Arxentina. No 2019 Paisajes de Asturias mercoulle a súa parte ao concello, facéndose co 81 %, co compromiso de facer arranxos.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Monumento

Estilo Arquitectura Art Nouveau · Casa de indianos · Arquitectura ecléctica

Autoría Julián García Núñez

Forma parte de Camiño do Norte

Protección Parte dun sitio do Patrimonio da Humanidade · Ben de Interese Cultural · Elemento da Lista Vermella do Patrimonio

Altitude do punto ≈ 45 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Ribadeo, a 347 m

Camiño de Santiago Camiño do Norte, a 216 m

No concello viven 9.996 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Praza de España, 27

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar