mapagalicia.es

Mapa de Galicia

Un mapa interactivo de Galicia con 33.687 lugares marcados un por un: praias, castros, dolmens e petróglifos, mosteiros, igrexas, cruceiros, hórreos, muíños, faros, fervenzas, pazos, castelos e miradoiros. Cada punto trae a súa foto, o seu texto e as súas datas, sen ter que saír a ningures a completar a información.

Abrir o mapa →

Que hai dentro

Por onde empezar

As catro provincias, e as rexións polas que a xente pregunta de verdade aínda que non sexan divisións oficiais: a Ribeira Sacra, a Costa da Morte, as Rías Baixas, O Courel.

Por tipo de sitio

O que está vivo

O mapa non é só pedra: hai tamén fauna e flora zona a zona, coas especies que máis se rexistran en cada unha e o seu nome galego.

Concello a concello

Os 313 concellos de Galicia teñen páxina propia co que hai catalogado en cada un, e tamén co que falta: calquera pode engadilo.

De onde saen os datos

De fontes abertas, e cada ficha di cal é a súa: Wikidata e OpenStreetMap para os lugares, Wikipedia para os textos, Wikimedia Commons para as fotos. O debuxo do mapa —a costa, os ríos, os Camiños, os lindes dos concellos— non vén de ningún provedor de teselas: está debuxado desde GeoJSON propio. O proxecto non ten ánimo de lucro nin publicidade. Podes ler como está feito ou as licenzas.