Dossier de prensa
mapagalicia.es
En dúas liñas, para copiar
mapagalicia.es é un mapa interactivo que reúne 33.687 lugares do patrimonio galego —igrexas, cruceiros, castros, dolmens, praias, faros, pazos e fervenzas— cada un coa súa historia, as súas datas e as súas fotos, en dez idiomas. Está feito con datos abertos e mantense só.
Cifras
| Igrexas, ermidas e santuarios | 7.180 |
| Natureza (fervenzas, montes, espazos protexidos) | 5.190 |
| Cruceiros e petos de ánimas | 3.631 |
| Castros e restos romanos | 2.981 |
| Dolmens, mámoas e petróglifos | 2.317 |
| Praias e illas | 1.310 |
| Castelos, pazos e fortalezas | 1.288 |
| Portos, faros e mar | 1.342 |
Cifras tomadas do propio catálogo no momento de cargar esta páxina. Non son estimacións.
De onde saen os datos
Wikidata (CC0), OpenStreetMap (ODbL), Wikipedia e Wikimedia Commons (CC BY-SA) para os lugares, os textos e as fotos. NASA FIRMS para os focos de calor, GBIF e iNaturalist para os avistamentos de cetáceos, Open-Meteo para o mar. A prensa galega, en RSS, para o lugar do día. Todo aberto e todo citado en licenzas.
O que este mapa NON é
- Non é un inventario oficial. Non substitúe o Catálogo do Patrimonio Cultural de Galicia nin ten valor administrativo ningún.
- «Sen fotografía» quere dicir sen foto libre nos arquivos abertos (Wikidata e Wikimedia Commons). Non quere dicir que ninguén lle fixese nunca unha foto.
- A porcentaxe de documentación dun concello non o xulga. Mide canto sabemos nós del, non canto ten nin canto o coida.
- Hai erros. Son 30.000 fichas construídas sobre datos de terceiros: haberá nomes mal escritos, coordenadas desviadas e fotos que non son do sitio exacto. Avísase na propia ficha cando a foto pode non ser del.
Imaxes para publicar
Capturas da propia web, libres para ilustrar unha peza sobre o proxecto. As fotografías dos monumentos que aparecen dentro son de Wikimedia Commons e teñen a súa propia autoría e licenza, indicada en cada ficha.
- O mapa completo, coas catro provincias (mapa.jpg)
- A ficha dun lugar: Torre de Hércules (ficha.jpg)
- Galicia en detalle sobre a Península en branco (peninsula.jpg)
- En móbil (movil.jpg)
Contacto
Miguel Gamboa Sánchez, autor do proxecto. Enxeñeiro de Sistemas de Información, da Coruña.
miguelgamboasanchez@gmail.com
LinkedIn
Respóndese o mesmo día. Se precisas unha cifra que non está aquí, un dato concreto dun concello ou unha captura doutra parte da web, pídea e vai.