O teu día en Soutomaior
Foto: HombreDHojalata · CC BY-SA 3.0 · Wikimedia Commons ↗
Hai parada preto (Castelo De Soutomaior), pero as liñas que paran nela só teñen servizo de luns a venres. En Galicia pasa coa maioría: de 5.604 liñas, 4.737 non saen a fin de semana.
- 1
Castelo de Soutomaior
Castelo
O castelo de Soutomaior é un castelo medieval do século XII, lugar de orixe e centro de poder dunha das liñaxes máis significativas da Galicia medieval, os Soutomaior. Ler a historia
1831 m
- 2
Monte da Peneda
Monte e serra
Este artigo trata dun monte galego, para o monte portugués véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda. O monte da Peneda é un pico montañoso galego. Ten unha altitude de 329 metros e está localizado entre a pa… Ler a historia
Quen anda por aí
Isto non organiza quedadas nin che presenta a ninguén: ensínache o que xa hai e quen responde del. O paso seguinte, se che apetece, dálo ti.
Ese día, preto
Non hai nada na axenda para ese día por aquí. Non quere dicir que non pase nada: a axenda da Xunta non recolle o da parroquia.
Xente que se xunta aquí
- Ecoloxista Verduxo · desde 2004 · Chamar
- Comisión de Festas Amigos de Romariz 2017 · desde 2017 · Chamar
- Cultural Moreira a Tope · desde 2016 · Chamar
- A Lagarteira · desde 2006 · Chamar
- Cultural Pedro Madruga · desde 2005 · Chamar
- Asociación Cultural Coral Polifónica de Soutomaior · desde 1987 · Chamar
43 en total neste concello
Do Rexistro de Asociacións da Xunta. Di cando se deron de alta e nunca di se seguen vivas, así que van primeiro as que deixaron un teléfono. Chamar e preguntar é máis doado do que parece.
Este mapa faise entre xente que anda por aí e sabe cousas: quen ten a foto do cruceiro, quen sabe por que se lle chama así ao lugar. Non fai falta saber de mapas nin comprometerse a nada.
E se queres algo máis ca un domingo