Acueduto

Acueduto de Lugo

Lugo · 0300

Aínda non hai foto de Acueduto de Lugo

Se tes unha, súbea a Wikimedia Commons ↗ coas coordenadas postas e chegará soa a este mapa e a calquera outro que use datos abertos. Ou mándanola.

{{Location|43.02051|-7.56752}}

O acueduto de Lugo foi un acueduto romano, a entrada de auga a Lucus Augusti. Hoxe soamente se conservan unhas poucas ruínas.

Características

Lugo contaba, debido ao seu carácter de núcleo urbano, cunha traída de auga de certa entidade. Sábese da existencia dun acueduto que ía dende o barrio de Pías e o Castiñeiro (a uns 1,5 quilómetros ao noroeste da antiga cidade) até o recinto urbano. Aínda que non se sabe con exactitude a data de construción desta obra hidráulica, sábese que arredor do século III (cando se construíu a Muralla) debía estar rematado xa que a atravesaba á altura da actual porta de San Fernando. Foi arranxado a mediados do século XVIII polo bispo Izquierdo e demolido na súa totalidade en 1947.

Outros artigos

Historia de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Deixou de usarse 1947

Altitude do punto ≈ 469 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Lugo, a 1,3 km

Ruta que pasa preto Vía Romana XIX, a 1,2 km

No concello viven 100.071 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar