Museo

Casa dos Mosaicos

Lugo

Casa dos Mosaicos, museo en Lugo

Foto: Josi · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A Casa dos Mosaicos é unha antiga domus romana e actual museo situado no centro da cidade de Lugo, en Galicia, onde se poden visitar restos da antiga casa, como os mosaicos ou pinturas murais.

Descrición

A Casa dos Mosaicos está situada na rúa Doutor Castro, coñecida popularmente como rúa das Docerías, pegada á Praza Maior. A casa na que se atoparon os mosaicos, e onde están expostos, foi unha casa grande que, segundo os restos achados, foi construída entre os séculos I e II. Dentro da casa pódense atopar antigos mosaicos decorativos, pinturas murais decorativas, bases de columnas e os restos do hypocaustum o cal aseguraba a calefacción da casa. Dentro realízase ademais unha montaxe audiovisual que reproduce o que foi a vida nesa casa.----

Outros artigos

Arquitectura romana en Galicia Lucus Augusti

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Tamén chamado Mosaicos, Casa dos

Altitude do punto ≈ 465 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Lugo, a 145 m

Ruta que pasa preto Vía Romana XIX, a 52 m

No concello viven 100.071 (2025) · IGE

Para ir

Entrada De balde

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar