Biblioteca
Fundación Wenceslao Fernández Flórez
Cecebre · Cambre · A Coruña
Foto: Cossue · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗
A Fundación Wenceslao Fernández Flórez é unha institución de interese público e sen ánimo de lucro, cuxo principal obxectivo fundacional é constituírse en centro de estudo e investigación en torno ao quefacer literario, xornalístico e cinematográfico do coruñés Wenceslao Fernández Flórez. Ten a súa sede na Villa Florentina, a casa museo de Wenceslao Fernández Flórez, sita no lugar de Apeadeiro nº 14, Cecebre (Cambre).
Características
Ten como fin preservar o patrimonio inmobiliario, textual e bibliográfico, promover o estudo da súa obra e divulgar a pertinente reflexión crítica sobre a súa relevancia e transcendencia histórica. O ámbito territorial da Fundación é, en primeira instancia, Galicia, aínda que o seu quefacer científico-cultural poderá desenvolverse en calquera outra parte de España ou en calquera país estranxeiro que o Padroado considere convenientes para cumprir coa súa misión fundacional, segundo establecen os seus Estatutos. A este respecto, a Fundación estará en permanente contacto e relación coa comunidade universitaria e con outras fundacións ou centros de investigación, públicos ou privados, nacionais ou internacionais, cuxos intereses coincidan cos da Fundación. Co fin de dinamizar a súa actividade cultural e investigadora, a Fundación encomenda o goberno, representación e administración da mesma ao seu Padroado, do que forman parte os seguintes estudosos e investigadores: Presidente, José Luis Castro de Paz Secretario Tesoureiro, Héctor Paz Otero Presidentes de Honor Wenceslao Fernández Flórez ✝ Antonio Luis Fernández Flórez ✝ Ruth Fernández-Flórez Alejandro Fernández-Flórez
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Fundación · Biblioteca de museo
Altitude do punto ≈ 28 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Cambre, a 3,2 km
No concello viven 24.771 (2025) · IGE
Para ir
Horario Sa-Su 12:00-14:00,17:00-20:00
Entrada De balde
Enderezo Apeadeiro, 14, Villa Florentina. Cecebre
Chegar en bus
- Cecebrea 63 mA Coruña E.A.-Boimorto (concello) · A Coruña E.A.-Boimorto (concello)
- Cecebrea 132 mA Coruña E.A.-Montouto · Teatro Colón-San Pedro de Présaras · Teatro Colón-Montouto · Teatro Colón-Pravio-Montouto-Mesía
- Cecebrea 141 mCambre: Cambre-Mota-Espíritu Santo (polígono)-Cambre · Cambre: Cambre-Espíritu Santo (polígono)
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.