Casa museo

Villa Florentina

Cecebre · Cambre · A Coruña

Villa Florentina, casa museo en Cambre

Foto: Cossue · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Vila Florentina é unha casa situada na parroquia de Cecebre do concello de Cambre, onde viviu o escritor Wenceslao Fernández Flórez, e que hoxe é a sede da Fundación Wenceslao Fernández Flórez.

Características

Trátase dunha edificación deseñada polo arquitecto Antonio Tenreiro Rodríguez que responde ao racionalismo propio de finais da década de 1940. Actualmente, mantendo a estrutura da vivenda e o mobiliario orixinal, é unha casa museo que alberga unha ampla colección de pinturas, fotografías, fondos bibliográficos e obxectos persoais do escritor. Ademais do seu uso museístico, Vila Florentina ofrece diversas actividades culturais organizadas pola Fundación Wenceslao Fernández Flórez, así como rutas literarias que dan a oportunidade de visitar distintas contornas da fraga de Cecebre.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Estilo Racionalismo arquitectónico

Autoría Antonio Tenreiro Rodríguez

Leva o nome de Wenceslao Fernández Flórez

Altitude do punto ≈ 27 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Cambre, a 3,4 km

No concello viven 24.771 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar