Centro de interpretación

Centro de Interpretación da Muralla

Lugo

Centro de Interpretación da Muralla, centro de interpretación en Lugo

Foto: Adorian · Public domain · Wikimedia Commons ↗

O Centro de Interpretación da Muralla é un museo adicado ao estudo e promoción da Muralla Romana de Lugo, situado na Praza do Campo da mesma cidade, moi preto da Catedral. Trátase dun edificio restaurado entre medianeiras de andar baixo, dous andares e baixo cuberta, cuxas orixes de se remontan a comezos do século XVIII.

Descrición

Na planta baixa atópase o centro de recepción do museo. No primeiro andar o tema fundamental é a propia edificación da muralla romana, explicándose o seu proceso construtivo e a súa influencia no desenvolvemento urbanístico da cidade. Todo isto explicado por medio de paneis interactivos, mesas táctiles etc. No seguinte andar trátanse os cambios que sufriu a muralla ao longo do tempo e as razóns que os motivaron. Fálase dos cambios da muralla dende a Idade Media até os nosos días. Tamén se atopa información sobre o seu nomeamento como Patrimonio Mundial e a súa conservación.

Outros artigos

Lugo Muralla de Lugo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Altitude do punto ≈ 458 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Lugo, a 247 m

Ruta que pasa preto Vía Romana XIX, a 40 m

No concello viven 100.071 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaWeb oficialComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar