Capela e ermida

Ermida de San Simón

Cesantes · Redondela · Pontevedra

Ermida de San Simón, capela e ermida en Redondela

Foto: Hugo P. · CC BY-SA 2.5 es · Wikimedia Commons ↗

A ermida de San Simón ou ermida de San Pedro é unha ermida situada na illa de San Simón, pertencente á parroquia de Cesantes (Redondela). Era empregado pola orde do temple como lugar de retiro espiritual.

Estilo

Foi reconstruída no século XIX, após que quedase derruída nas invasións anglosaxoas. Nun dos saquexos acometidos polo pirata Francis Drake, as extremidades da estatua de San Pedro que se atopa no seu interior foron amputadas na busca de ouro no seu interior. Na restauración, deseñada por Alejo Andrade Yáñez, restaurouse a fachada seguindo un estilo neoclásico. A porta principal remata nun arco de medio punto, e foi construído un soportal na propia fachada coma refuxio aos visitantes. No proceso de restauración tamén foi eliminada a falsa bóveda para recuperar a cuberta orixinal.

A ermida na literatura

O poeta e trobador medieval Mendinho fixo referencia á ermida de San Simón no único escrito do que se ten constancia deste autor, recoñecido co Día das Letras Galegas no ano 1998 (xunto con Johan de Cangas e Martín Codax). A cantiga está reproducida a continuación:

Outros artigos

Enseada de San Simón Ría de Vigo

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Capela

Dedicado a Católica

Tamén chamado Ermida de San Simón

Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Redondela, a 3,1 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,7 km

No concello viven 28.928 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar