Igrexa

Igrexa de San Froilán de Lugo

Lugo

Igrexa de San Froilán de Lugo, igrexa en Lugo

Foto: Joseolgon · CC BY 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A igrexa de San Froilán é unha templo católico situado no casco histórico da cidade de Lugo. Está dedicada ao patrón da cidade, Froilán.

Historia

Orixinalmente formaba parte do antigo Hospital de San Bartolomeu ou de San Xoán de Deus, fundado en 1621 polo bispo de Lugo Alonso López Gallo. Prestaba asistencia a doentes e a peregrinos do Camiño Primitivo. A igrexa actual construíuse a mediados do século XVIII co apoio do bispo Francisco Izquierdo Tavira, e desde entón sufriu poucos cambios. En 1857 o hospital sufriu un incendio que afectou a parte das instalacións, o que provocou que o Concello ordenase o derribo en 1877. A igrexa pasou a converterse en parroquia de San Froilán, se ben a escultura que preside a fachada do templo segue a representar a san Bartolomeu. O templo sitúase acaroado ao colexio da Milagrosa, antes Escola de Nenas Pobres, a cargo desde 1900 das Fillas da Caridade de San Vicente de Paúl.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Dedicado a Froilán

Altitude do punto ≈ 464 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima Lugo, a 263 m

Ruta que pasa preto Vía Romana XIX, a 331 m

No concello viven 100.071 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar