Illa
Illa de San Antón
Cesantes · Redondela · Pontevedra
Foto: Hugo P. · CC BY-SA 2.5 es · Wikimedia Commons ↗
Non confundir coa Illa de Santo Antón, A Coruña. A Illa de Santo Antón é unha illa situada na costa do concello de Redondela, na provincia de Pontevedra. Está unida á illa de San Simón por unha ponte monumental de tres ollos.
Historia
Na illa de Santo Antón (que apenas mide 1,2 hectáreas) había unha leprosería, ao igual que na veciña San Simón, pero o seu lazareto era cualificado coma lazareto sucio, mentres que o de San Simón era un lazareto limpo, debido á virulencia da enfermidade dos enfermos que acollían. O edificio, que aínda se conserva xunto coas outras dependencias, serviu de cadea durante a guerra civil española para presos contrarios ao alzamento franquista de 1936, pertencentes aos partidos antifascistas e ás organizacións sindicais, ata os anos corenta. Despois da guerra, tódolos edificios das dúas illas foron empregados pola OJE, a organización xuvenil da "Falange Española de las JONS", único partido permitido durante a ditadura franquista. No ano 1999 as illas de San Simón e Santo Antón foron declaradas Ben de Interese Cultural. No ano 2006 a Consellería de Cultura elixiu o arquipélago de San Simón como símbolo da represión no Ano da Memoria. En 2026 o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática declarou as illas de San Simón e Santo Antón como Lugar de Memoria Democrática. O arquipélago pode visitarse de balde durante dúas horas en grupos de 300 ou 400 persoas que saen en catamarán dende o peirao de Cesantes.
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Datos
Que é Illote
Extensión 0 m²
Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles
Vila máis próxima Redondela, a 3,3 km
Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,9 km
No concello viven 28.928 (2025) · IGE
Chegar en bus
- Punta Praia Cesantesa 788 mCedeira (O Cruceiro)-Avda. Ernestina Otero 24 · Cedeira (O Cruceiro)-Redondela-Punta Praia Cesantes · Redondela (A Farola)-Punta Praia Cesantes
- Punta Praia Cesantesa 805 mCedeira (O Cruceiro)-Avda. Ernestina Otero 24 · Redondela (A Farola)-Punta Praia Cesantes · Cedeira (O Cruceiro)-Redondela-Punta Praia Cesantes
- Rúa Lourala 1,1 kmMuxica-PSA Citroen · Antas I (O Ramallal)-Vigo E.I. · Pontevedra E.A.-Ponte internacional · Antas I (O Ramallal)-Vigo E.I. · Antas I (O Ramallal)-Vigo E.I.
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.