Illa
Illa de San Simón
Redondela · Pontevedra
A illa de San Simón pertence á parroquia de Cesantes, no concello de Redondela, sendo un dos cinco lugares desta parroquia. Na actualidade atópase deshabitada. Preside a enseada de San Simón, no extremo interior da Ría de Vigo, delimitando cos concellos de Redondela, Soutomaior e Vilaboa. A illa está unida á illa de Santo Antón por unha ponte. O conxunto de ambas as illas mide 250 metros de longo e 84 de largo. Ademais existen outros dous pequenos illotes, San Bartolomé e San Norberto. Ao longo da súa historia a illa foi empregada como mosteiro, lazareto, cárcere e fogar para nenos orfos. O seu conxunto está catalogado como Ben de Interese Cultural dende 1999. En 2026 o Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática declarou as illas de San Simón e Santo Antón como Lugar de Memoria Democrática. == Historia == === Idade Media === A illa foi un antigo centro monástico cantado polo poeta Mendinho na Idade Media. Proba disto é o seu escrito, o único que se coñece do autor, é que se cre que era nativo da zona. Na súa honra realizouse un busto na illa, así como a Johan de Cangas e a Martín Codax. Sediam'eu na ermida de San Simón e cercaronm'as ondas, que grandes son, eu atendend'o meu amigo, eu atendendo'o meu amigo... Entre os séculos XII e XIII estivo habitada polos templarios e despois polos franciscanos, a Orde dos Pascualinos de San Simón. Mais en 1307 esta orde relixosa sofre a excomulgación, véndose obrigada a abandonar a illa. Despois de permanecer case un século abandonada, a diocese de Tui, que até o momento posuía o control político da illa, cédella a Isabel a Católica, nun acto de bondade e agradecemento pola súa fidelidade. En 1589 foi saqueada por piratas ingleses, entre os que se atopa o célebre Francis Drake. === Século XVIII ata a guerra civil española === Foi escenario da batalla de Rande en 1702, cando navíos de Países Baixos e de Inglaterra unidos pola guerra de sucesión contra a coroa de Castela; trataron de asaltar a Frota de Indias cargada coas mercadorías de case 3 anos[Cómpre referencia]. Os galeóns pertencentes á Coroa de Castela e escoltados por unha escuadra francesa que proviñan de América, e que se saldou coa derrota das forzas franco-castelás. Unha gran parte do contido dos galeóns (que se cre que era ouro, prata, diamantes, especias coma o cacao e tamén madeiras nobres e tabaco) foron saqueados polos navíos ingleses da raíña de Inglaterra (Ana I de Estuardo), mais o intento de frustrar as expectativas de roubo, unha gran parte das riquezas dos barcos foron baleiradas ao mar, e unha gran porcentaxe do ouro e prata pertencente á coroa de Castela xa fora descargado en bois ata Madrid semanas antes do combate[Cómpre referencia]. Posteriormente, os integrantes das frotas anglosaxoas asaltaron as aldeas circundantes á Ría de Vigo, con especiais efectos devastadores en aldeas coma, Cangas de Morrazo, Redondela, Vigo, Soutomaior e Arcade; ás que queimaron e asolaron. A illa de San Simón tamén sufriu as consecuencias das tropas inglesas. A ermida de San Pedro quedou case totalmente derruída, ata a súa posterior restauración no século XIX. As elucubracións e testemuños elaborados sobre o paradeiro das riquezas dende o suceso son confusos, e numerosas inmersión realizadas en diferentes anos posteriores ao afundimento dos navíos revelaron a inexistencia de ouro e outros materiais preciosos nos arredores da illa. En 1719 o Almirante Michells penetra na illa, e posteriormente existe unha nova ameaza por parte das tropas francesas de Napoleón na guerra da independencia, e a illa é abandonada e rehabitada en numerosas ocasións. A continua ocupación por ordes monásticas debíase á súa boa situación xeográfica, xa que estaba illada, nun lugar tranquilo, e preto do mosteiro de Poio, un dos máis importantes da época.…
Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗
Chegar en bus
- Punta Praia Cesantesa 801 mCedeira (O Cruceiro)-Avda. Ernestina Otero 24 · Cedeira (O Cruceiro)-Redondela-Punta Praia Cesantes · Redondela (A Farola)-Punta Praia Cesantes
- Punta Praia Cesantesa 813 mCedeira (O Cruceiro)-Avda. Ernestina Otero 24 · Redondela (A Farola)-Punta Praia Cesantes · Cedeira (O Cruceiro)-Redondela-Punta Praia Cesantes
Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.