Monte e serra

Monte Penide

Redondela · Pontevedra

Monte Penide

O Monte Penide, ou Monte Mirallo, é un macizo montañoso de 450 metros de altura que se atopa no concello pontevedrés de Redondela. O complexo do monte Penide atópase nas elevacións montañosas situadas no extremo suroeste do concello, nas parroquias de Negros, Trasmañó e Cedeira. == Patrimonio arquelóxico == No seu cumio posúe un conxunto arqueolóxico conformado por petróglifos, mámoas e outros elementos arqueolóxicos que converten a este conxunto na necrópole con máis sitios arqueolóxicos da provincia de Pontevedra. Os máis antigos están datados no paleolítico inferior, no período do plistoceno. === Mámoas === Os túmulos son construcións de pedras e terra baixo as que as culturas prehistóricas enterraban os seus mortos. Estas construcións megalíticas estiveron moi estendidas na costa atlántica galega durante o neolítico até a idade de Bronce. Entre os túmulos ou mámoas máis importantes destacan: Mámoas do Chan da Cruz: constitúen un total de 31 mámoas. Entre elas destaca a Mámoa do Rei, unha das mellor conservadas, e que está formada por unha gran cámara arrodeada por seis lousas formando unha cámara pechada. Mámoa de Coto Feneiro Mámoas do Chan do Rato, composto por dúas mámoas. Mámoas das Pedras dos Picos, en total dúas mámoas. Mámoas do Monte Vixiadorr, en total dúas mámoas. Mámoas do Castro Ferreiro, conformado por 3 mámoas. Mámoa de Teixugueiras de Poza Lagoa === Petróglifos === Ademais do fenómeno tumulario, pódense observar numerosos petróglifos, unhas representacións gráficas gravadas nas rochas ou pedras. No monte Penide están os seguintes petróglifos: Petróglifos do Chan da Cruz, formado por catro rochas que conteñen motivos circulares, óvalos e cazoletas. Petróglifos do Coto da Rola, formado por catro petróglifos. Petróglifos das Porteliñas, formado por dous petróglifos. Petróglifos do Chan do Rato, formado por dous petróglifos. Petróglifos do Poza da Lagoa, formado por catro petróglifos. Petróglifos do Coto Fenteira, formado por tres petróglifos. Petróglifo de Eira Pedriña Petróglifos do Coto do Corno. Correspóndense con dous petróglifos nos que predominan os motivos circulares que ocupan case toda a superficia da pedra. Petróglifos do Castro de Negros. Trátase de 6 petróglifos situados no castro de Negros. == Notas == == Véxase tamén == === Bibliografía === Hidalgo Cuñarro, José Manuel; Costas Goberna, Fernando Javier (1980). "El gran conjunto megalítico de monte Penide, Redondela, Pontevedra". El Museo de Pontevedra. XXXIV: 79–108. === Outros artigos === Redondela Mámoa do Rei Megálitos de Galicia === Ligazóns externas === Museo Virtual do Monte Penide Prehistórico. Arquivado 16 de xaneiro de 2014 en Wayback Machine. Desenvolvido polo Concello de Redondela e a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural. "Monte Penide luce su arte rupestre", artigo no Faro de Vigo, 7 de outubro de 2013 (en castelán).

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar