Ponte histórica

Ponte de Ponte Sampaio

Arcade · Soutomaior · Pontevedra · 1100

Ponte de Ponte Sampaio, ponte histórica en Soutomaior

Foto: P.Lameiro · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

A ponte de Ponte Sampaio é unha ponte medieval que cruza o río Verdugo localizada entre a parroquia de Ponte Sampaio no concello de Pontevedra e a parroquia de Arcade no concello de Soutomaior.

Historia

A ponte está construída sobre unha cimentación romana. As primeiras referencias a esta ponte datan dos séculos X-XI, cando se chamaba "Ponti Sancti Pelagli de Lutto" (Ponte de San Paio de Lodo) e era propiedade dos condes de Borgoña. A mítica fortaleza de San Paio de Lodo estaba situada preto desta ponte, o lugar onde loitaron os exércitos de Doña Urraca e o arcebispo Xelmírez. En 997, Almanzor cruzouna destruíndo a fortaleza que a defendía. Calquera que quixera cruzar o río pola ponte tiña que pagar unha peaxe, pero grazas ao arcebispo compostelán Diego Xelmírez isto rematou no século XII. A ponte foi testemuña da batalla de Ponte Sampaio contra a invasión francesa, que tivo lugar os días 7 e 8 de xuño de 1809 con intenso lume de canón a ambas as beiras do río Verdugo e na que se derrotou aos franceses.

Descrición

É unha ponte de pedra de 144 metros de lonxitude e dez metros de ancho. Conta con dez arcos apuntados de media punta entre os que se sitúan grandes tallamares. Ten un peitoril de pedra e presenta profundas modificacións e reconstrucións levadas a cabo nos séculos XVI e XVIII. A ponte forma parte da estrada PO-264 e pertence á rede de estradas da Xunta de Galicia. Pola ponte pasa o camiño Portugués de peregrinación a Santiago de Compostela.

Cultura

Na praza de España da cidade de Pontevedra atópase o monumento aos heroes de Ponte Sampaio. A construción central de granito simboliza un dos piares da ponte de Ponte Sampaio, onde tivo lugar a maior parte da batalla de 1809.

Galería de imaxes

Outros artigos

Ponte do Burgo Ponte de Santiago Ponte da Barca, río Lérez Ponte dos Tirantes Ponte das Correntes

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Ponte en arco

Forma parte de Camiño portugués

Paredes Pedra

Lonxitude 144 m

Altitude do punto ≈ 0 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Calle, a 429 m

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 96 m

No concello viven 7.568 (2025) · IGE

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar