Capela e ermida

Capela da Virxe das Neves

Soutomaior · Pontevedra

Capela da Virxe das Neves, capela e ermida en Soutomaior

Foto: Estevoaei · CC BY-SA 4.0 · Wikimedia Commons ↗

Este artigo trata sobre un templo galego, para a Virxe da Peneda en Portugal véxase: Santuario de Nosa Señora da Peneda. A capela da Virxe das Neves, tamén coñecida como capela da Virxe da Peneda, é unha ermida barroca situada na parroquia de Soutomaior. Sitúase no monte da Peneda, que delimita os concellos de Soutomaior e Redondela.

Historia

A capela construíuse arredor do século XVIII sobre os restos onde en 1477 Alonso II de Fonseca mandou construír o castelo de Castrizán, conquistado e destruído por Pedro Madruga dous anos despois. É de estilo barroco. O teito foi orixinariamente de madeira, mais a finais do século XIX foi substituído por unha cúpula de pedra. Ten base rectangular cunha cuberta a dúas augas dunha nave dividida en dous tramos por un arco faixón de medio punto, con bóveda de canón e arco triunfal apuntado. O 5 de agosto celébrase a romaría na honra á Virxe das Neves.

Texto da Wikipedia en galego, con licenza CC BY-SA. Ver o artigo completo ↗

Datos

Que é Capela

Dedicado a Nosa Señora das Neves

Tamén chamado Emida da Nosa Señora das Neves · Ermida da Virxe da Peneda

Altitude do punto ≈ 304 m · Terrain Tiles

Vila máis próxima A Devesa, a 1,9 km

Camiño de Santiago Caminho Português de Santiago, a 1,3 km

No concello viven 7.568 (2025) · IGE

Para ir

Enderezo Redondela

Ver no mapaLer na WikipediaComo chegar

Chegar en bus

Paradas do transporte público da Xunta. Que haxa parada non quere dicir que pase un bus hoxe: as liñas van ordenadas polas expedicións que fan, e os horarios están en bus.gal ↗.

Ao lado deste lugar